CPI de Bembibre----Aquí iremos colgando actividades e experiencias para estos días sen cole.---
Na marxe dereita tendes actividades de matemáticas e lectoescritura.----- Moito ánimo chicos/as!!!
Semana do 15 ao 19 de xuño
INGLÉS
* Facer as seguintes fichas e mandarllas a profe Ana ao acabar. Non as tendes que correxir xa que non mandou as respostas.
Tarefas de luns
* Facer estas fichas de comprensión oral. O ideal é que vos leran o texto en alto e o escoitarades. E despois vós, contestarades as preguntas. Pero se non tendes quen volo lea, lédeo vós.
Tarefas do xoves Naturais
* Ler páxina 100, 102, 103, 104, 105 Lengua Castellana:
* Facer a seguinte ficha
Na videoconferencia de mañá cos nosos compis do Ceip Víctor Sáenz, cada neno/a terá uns minutiños para presentarse ao resto. Para iso, cada un/unha de vós, preparará unha breve presentación oral de si mesmo. Podedes dar datos como os seguintes: nome, idade, onde vivides, se tedes irmáns, se tedes mascotas, como é a vosa personalidade, que vos gusta facer no tempo de lecer, deporte ou comida favoritos... Podedes incluir na presentación o voso obxecto favorito, algún debuxo, fotografías... Espero que vos faga moita ilusión; eles/elas tamén están desexando coñecervos! Se o desexades tamén podedes preparar algunha pregunta para facerlles.
Bo comezo de semana!!
Tarefas do luns:
Mates
* Páxina 184-185---> 2,3,4,6,10,13 e 15
Tamén teño que darvos a noticia de que este xoves ás 17 h da tarde teremos a videoconferencia todos xuntos cos compañeiros de carteo do cole Victor Saenz de Mazaricos!! Por fin os imos coñecer!!
Boas! Hoxe fago a última entrada no blogue da materia de sociais. Imos ver moi brevemente algo de historia, e en particular da historia de Galicia (tema 6). Para iso propoño que vexades dous vídeos que vos axuden a entender a información principal do libro.
Comezaremos visualizando o seguinte vídeo:
Como vedes este vídeo resume as ideas principais das páxinas 102 a 105 e axuda a entender as distintas etapas históricas.
Da páxina 106 en adiante o tema xa centra na historia de Galicia, para entendelo mellor déixovos o seguinte documental, que aínda que é un pelín longo explica moi ben a nosa historia e engade datos que non aparecen no libro e que son moi curiosos.
Ide lendo e vendo os vídeos ao voso ritmo xa que con isto rematamos as tarefas de sociais deste curso 2019/2020. Non é preciso enviar ningunha tarefa deste último tema. Calquer dúbida sobre este tema comentarémola na seguinte videoconferencia, ou podedes pedirme titoría, escribir ao mail... estou á vosa disposición, xa o sabedes.
Tarefas de xoves:
Matemáticas
* Páxina 178-179---> 1,2,4 e o 1 de Emprender Aprender
* Páxina 180-181---> 1 e 3( mandarme a foto deste último exercicio).
Tarefas de mércores Lingua Galega: * Ler páxina 190-191 * Facer oralmente as páxinas 192-193-194 * Páxina 195---> 5, 6 e o 1 de Tempo! * Páxina 196 lela e facela oralmente. * Páxina 198- 199---> 2, 3, 4 e 6.
Chic@s, esta semana non imos ter videoconferencia, pero si queredes facela individual ou montar un pequeno grupo, avisádeme e facémola!
Tarefas para luns:
Matemáticas
* Ler páxina 170-171
* Páxina 172-173---> ler e facer o 1, 3 e cálculo mental.
* Páxina 174-175---> ler a explicación e facer o 2 e 4.
* Páxina 176-177---> ler explicación e facer o 1, 3 e cálculo mental.
* Ler páxinas 178 e 179 e facer o Taller de expresión. Quero que me enviedes o anuncio dese coche voador. Tanto se o facedes para a radio, tv, periódico,.. Mandádemo no formato que elixades. Se é para a radio, teríades que mandar un audio. Se é para a tv, tería que ser un vídeo. Intentade vendelo e que sexa un anuncio orixinal. Lembrade que ten que ser en castelán.
Tarefas de mércores
*Ler páxina 164
* Ver vídeo https://www.youtube.com/watch?v=sDd4AYNNjPw
* Páxina 164-165---> 1,2,7 e cálculo mental.
* Páxina 166-167---> 2,5 e 8.
* Páxina 168---> ler e resolver o Problema 1,2,3 e 4 e enviarme as solucións.
Tarefas de martes:
Lengua Castellana:
* Ler páxina 168-169
* Oralmente facer a 170-171
* Facer da 172-173---> 3, 6, 7 e 8.
* Da páxina 174-175---> 1 e 3
* Da páxina 176---> 3,4 e 5
* Quero que me expresedes a vosa opinión sobre este artículo e ma enviedes. Como credes que vai ser a volta ao cole en setembro? Como nos sentiremos? Lembrade que ten que ser en castelán. Mínimo 12 liñas. Tendes ata o luns de prazo.
Bo día! Aquí deixamos a explicación do traballo do que vos falamos días atrás. É un único traballo de investigación e exposición oral que relaciona as materias de naturais e sociais. Lede atentamente (podedes premer na imaxe para ampliar a letra):
A duración aproximada do vídeo é de 4 ou 5 minutos, salvo que necesitedes máis tempo.
Lengua Castellana
* Página 158-159---> leer los recuadros y hacer el 3,4,5 y 8.
* Página 160-161---> ler recuadro y hacer el 1,2,3 y 1 del Juego con el lenguaje.
Ola! Esta semana imos facer a lectura do libro das páxinas 86 a 91. Se descoñecemos algunha palabra recurriremos ao dicionario e no caso de calquer cousa que non entendades resolvémolo xuntos e xuntas. Escribide ao mail para calquer cousiña.
Bo día chic@s!!! Vamos polo venres!
Matemáticas
* Ler páxina 148 e 150 e ver os seguintes vídeos: https://www.youtube.com/watch?v=-yT-Qim33KA https://www.youtube.com/watch?v=YYp7rrE1YgY (comezar no min. 2.16)
* Páxinas 148-149--->2 e o 1 da páxina 149( Emprender aprender) Mandarme a foto do creado.
* Páxinas 150-151---> 1, 2, 5 e o cálculo mental.
E facer a seguinte ficha do repaso do tema: clica na imaxe:
E para rematar leremos un pouco do noso libro "A casa máis animada do mundo", ata a páxina 73.
* Ler páxina 163 e facer----> 4, 5 e 1 (Uso dicionario)
* Ler páxina 164
* Páxina 164-165----> 1,2,3 e 5.
Como esta semana, o 17 de maio é o día das Letras galegas, quero que participedes nos retos de Pistacho e subades unha foto vosa cun cartel da palabra que vos parece máis bonita do galego.
Lembrade que hoxe temos videoconferencia e aproveitade para anotar todo o que nos queirades decir para que non se vos esqueza. Vémonos nunhas horiñas!!!
Ola! Esta semana imos facer a lectura das páxinas 82, 83, 84 e 85 do libro de sociais. Soamente hai que facer a lectura comprendendo o que lemos. O tema dos traballos xa foi visto en 1º e 2º de primaria, esta vez soamente engade algunha cousiña máis. O xoves que vén (día 14), os que teñades dúbidas sobre o lido resolvémolas.
* Páxina 138-139-----> 1, 3 (mandar foto do polígono) e 11 ( mandar foto da figura).
E como actividade voluntaria, rétovos a que xoguedes coa familia, para descubrir os problemas que se vos propoñen con palillos da páxina 140. A darlle ao coco!!!!
* E como actividade voluntaria, gustaríame que me enviarades un cómic feito por vós (de unha ou dúas carillas como moito) no que vós sexades os protagonistas sendo un superheroe. Non tendes límite de tempo para entregalo.
* Páxinas 150-151----> 2,3,5.6 e 7.
CB page 73 (poden escoitar
as lecturas en blinklearning)
CB page 74 (poden escoitar
as lecturas en blinklearning)
AB page 69
AB page 70
Blinklearning
Amazing
Rooftops Reader 3 – Level 3 eReader (Where
on EarthAre We?) (Clicar no
libro; aparece páxina coa portada do libro na man esquerda, clicar; deplegase
ao lado do libro o contido, clicar en Reader; aparecen as páxinas do libro,
clicar na primeira; para pasar de páxina clicar na flecha que aparece na metade
da pantalla á man dereita)
Ola chic@s! Como vos dixen onte na videoconferencia aos que puideches conectarvos deixo tarefa nova de sociais do libro para facer. Hoxe é festivo, non fai falta facelo hoxe, facédeo ao longo da semana e mandarmo a artisticabembibreprimaria@gmail.com (foto ou word).
LIBRO DE SOCIAIS (lectura da páxina 73 e exercicios 1, 2, 3 e 4 da mesma páxina).
* Ler páxina 138-139
* Facer oralmente as páxinas 140-141
* Ler os recadros azuis das páxinas 142-143 e facer os exercicios---->2,3,4,5 e 6.
* Ler recadro da 146 e facer os exercicios----> 1,2 e 3.
Vamos polo mércores: Lingua Galega: ler a páxina 142 e 143.
Facer oralmente 144-145-146
Facer na libreta: páxina 147----> 4,5 e 6. E o 1 de Uso o dicionario (só buscar 4 palabras, as que queirades).
Ánimo!!!
Class book pages
54 – 55 lectura da historia. (Podedes escoitala en blinklearning os que xa estades rexistrados. E os que aínda non estades, podedes rexistrarvos)
Activity Book pages 54 – 55
Blinklearning: Escoitar audios da Unidade
5.
Facer Amazing
Rooftops Level 3 i – Progress Check
(son nove actividades moi fáciles e ao rematar cada unha, podedes darlle á opción
check e xa aparecen as correccións;
cando se remata unha actividade, para
volver atrás hai que darlle nunha aspa/cruz na esquina dereita abaixo (fondo
azul escuro).
Repaso da unidade: *Páxina 120-121------> 2,3,4,5,7,8 e 9.
Repaso Trimestral: * Páxina 124-125-----> 1,3,4,5 e 6. ( Se tendes algunha dúbida e non lembrades como se facían, volvede atrás no libro)
Como é venres, lembrade que os venres sempre levabamos unha lectura para casa. Aquí vos deixo un libro para ler. Podedes lelo na pantalla ou imprimilo se vos é máis cómodo. Esta finde quero que leamos ata a páxina 17. Aquí vos deixo o enlace. O libro chámase "A casa máis animada do mundo" de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio. Editorial Baía Edicións. Clicade na imaxe!
Facer os seguintes exercicios:
* Páxina 116---->1
* Páxina 117----> 1,2 e 3
Ler páxina 118 e facer o 2,3 e 4.
E se vos animades, como actividade voluntaria, gustaríame que me enviarades un plano da vosa casa feita a tamaño folio. Algo parecido ao exercicio 2 da páxina 118.
Hoxe 23 de abril, DÍA DO LIBRO. Animarvos a participar nos retos de Pistacho e subir algún vídeo lendo ou recomendando algún libro. Con todo o que nos enviedes faremos un vídeo para celebrar o día do libro. Nada de vergoñas!!! Ánimo!!!! https://recunchodepistacho.blogspot.com/
Facer este experimento relacionado co tema anterior de Naturais e enviarme o que aprendestes e que probamos con este experimento ao correo. Tamén podedes enviar fotos ao padlet da dereita "Quedo na casa"
Ola de novo! Primeiro de todo dicirvos que foi moi divertido poder conversar con vós hoxe, en breves voltaremos facelo :)
Como algúns comentaron que non podían descargar o powerpoint vou deixar O MESMO que xa subira (nada de material novo) noutro formato para aqueles que non puideron. Aínda así, e para non ocupar moito sitio aquí na entrada principal do blogue, se o enlace que deixo a continuación tampouco vos vai ide á columna da dereita onde pon SOCIAIS e teredes o powerpoint imaxe a imaxe. Así non hai problema ningún, de todas formas se algún ten problema escribídeme a artisticabembibreprimaria@gmail.com para isto ou calquera outra dúbida!
Boas nenas e nenos de terceiro! Como estades? Agardo que ben.
Como podedes ver na imaxe, a proposta está relacionada con volcáns, cando vimos a unidade 3 foi un tema que gustou bastante e algúns de vós trouxestes de casa información a maiores porque vos interesaba o tema. É por iso que pensei en traballar máis a fondo sobre os volcáns. Aquí vai a proposta de traballo:
Premede na imaxe para gardala de forma que se vexa ben. Podedes facer a man o mesmo (non fai falta impresora).
NOTA IMPORTANTE: non é necesario enviarmo ao correo, posto que esta actividade é de REFORZO, non ten carácter obrigatorio, mais se así o considerades enviarmo a artisticabembibreprimaria@gmail.com e achegarei a súa corrección de volta.
Se a maiores queredes facer unha maqueta dun volcán estupendo, pero non é obrigatorio!
(Tamén aparecen as fichas de Extension, NON SON
para facer esta semana).
Tamén poden atopar unha entrada con Xogos Interactivos para Aprender Inglés,
para que o alumnado poida elexir aquelas páxinas/xogos que mellor se adapten
aos seus gustos, nivel, … así como practicar de forma lúdica contidos xa
vistos. Este é o enlace:
O que queira en Semana Santa facer algo do cole, pode facer o repaso trimestral de Lingua Galega. As páxinas son: 138-139.
Ánimo chicos que xa queda menos!!
Vamos a continuar co libro de L.Galega.
Facede oralmente as páxinas 132, 133, 134 e 135. Lelas e contestar oralmente.
E facer na libreta os exercicios de repaso da páxina 136-137: exercicios: 2,3,4,5,6,7,8 e9.
Unha vez o entendamos, imos facer os seguintes exercicios:
1,2,4,7 e 9 das páx. 90-91.
Lembrade poñer a data a boli vermello e copiar o do libro a boli, e contestar a lapis. Se son problemas non fai falla copiar o enunciado do problema, pero si poñer DATOS, CONTA E RESULTADO.
Ánimo!!
Boas chic@s!
Quería contarvos que dende Anaya nos dan permiso a que teñades acceso as actividades dos libros de texto.
Para poder entrar, tendes que ir a Anaya educación: https://www.anayaeducacion.es/
e entrar en Web del alumnado.
e despois tendes que ir metendo o código que ven impreso dentro de cada libro (Mates, Sociais, Naturais, Lengua Castellana e Lingua Galega).
Unha vez os teñades metido, xa tendes acceso a moitas actividades sobre os temas que fomos dando.
Están moi ben, probade!! Se tendes dúbidas ou non vos entra, escribídeme!
Como foi esta semana de confinamento? Iso quero que me contedes no correo electrónico que me gustaría, me enviarades. Quero que me contedes como foi esta semana, que cousas fixéstedes divertidas e que é o que menos vos gusta desta situación. Contádeme o que vos apeteza
Faríame moita ilusión saber de vós! Eu contestareivos a todos os correos!! Así que ánimo!!! Xa sabedes a miña dirección de correo electrónico.
Como seguro xa acabastes de ler o libro ou andades niso. Aquí vos deixo unha serie de actividades sobre este conto.
Se podedes imprimídeas e facedeas e senón dende o ordenador ou móbil podedes lelas e contestar as respostas nunha folla. Ánimo!!!!
Aquí vos deixo este conto sobre o coronavirus. Sabedes como se chama esta arte de dobrar papel? Papiroflexia.
Animádevos a facer algunha das figuriñas que se ven no video.
Quero que fagades o experimento que fixemos na clase. Xa que de momento, non imos poder ver os resultados.
Só necesitades: 3 bolsas herméticas e tres rebanadas de pan de molde.
Lembrades como era? Nunha bolsa metemos unha rebanada sen tocala coas mans (con guantes). Noutra metemos outra rebanada tocándoa coas mans ben lavadas. E na terceira bolsa, a rebanada de pan tocada (moi tocada) coas mans ben sucias. Non vos esquezades de poñerlles nome para saber cal é cal. E só toca esperar e ver que lle vai pasando a cada rebanada.
Xa me ides contando polo correo se notades cambios co paso dos días!!!
Por aquí vos vou deixar material para ocupar o tempo estes días. Na marxe dereita tendes actividades para traballar contidos dados na clase.
E aquí no centro, vamos ir poñendo noticias ou actividades interesantes que poidamos realizar. Estade atentos que pouco a pouco vou ir colgando algunha cousiña nova.
Se queredes enviarme material que vos pareza interesante para colgar, xa sabedes! Enviádema ao correo e así os demáis compis tamén a poden facer.