Boas nenas e nenos de terceiro! Como estades? Agardo que ben.
Como podedes ver na imaxe, a proposta está relacionada con volcáns, cando vimos a unidade 3 foi un tema que gustou bastante e algúns de vós trouxestes de casa información a maiores porque vos interesaba o tema. É por iso que pensei en traballar máis a fondo sobre os volcáns. Aquí vai a proposta de traballo:
Ligazón directa ao powerpoint:
Modelo para redactar sobre o volcán elexido:
Premede na imaxe para gardala de forma que se vexa ben. Podedes facer a man o mesmo (non fai falta impresora).
NOTA IMPORTANTE: non é necesario enviarmo ao correo, posto que esta actividade é de REFORZO, non ten carácter obrigatorio, mais se así o considerades enviarmo a artisticabembibreprimaria@gmail.com e achegarei a súa corrección de volta.
Se a maiores queredes facer unha maqueta dun volcán estupendo, pero non é obrigatorio!
Agardo as vosas investigacións!
Saúdos,
Catuxa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario