SOCIAIS



Venres, 5 de xuño 2020


Boas! Hoxe fago a última entrada no blogue da materia de sociais. Imos ver moi brevemente algo de historia, e en particular da historia de Galicia (tema 6). Para iso propoño que vexades dous vídeos que vos axuden a entender a información principal do libro. 

Comezaremos visualizando o seguinte vídeo: 


Como vedes este vídeo resume as ideas principais das páxinas 102 a 105 e axuda a entender as distintas etapas históricas. 

Da páxina 106 en adiante o tema xa centra na historia de Galicia, para entendelo mellor déixovos o seguinte documental, que aínda que é un pelín longo explica moi ben a nosa historia e engade datos que non aparecen no libro e que son moi curiosos. 


Ide lendo e vendo os vídeos ao voso ritmo xa que con isto rematamos as tarefas de sociais deste curso 2019/2020. Non é preciso enviar ningunha tarefa deste último tema. Calquer dúbida sobre este tema comentarémola na seguinte videoconferencia, ou podedes pedirme titoría, escribir ao mail... estou á vosa disposición, xa o sabedes.

Unha aperta,
Catuxa.






---------------------------------------

Ola chic@s! Como vos dixen onte na videoconferencia aos que puideches conectarvos deixo tarefa nova de sociais do libro para facer. Hoxe é festivo, non fai falta facelo hoxe, facédeo ao longo da semana e mandarmo a artisticabembibreprimaria@gmail.com (foto ou word).  


LIBRO DE SOCIAIS (lectura da páxina 73 e exercicios 1, 2, 3 e 4 da mesma páxina).










Boas nenas e nenos de terceiro! Como estades? Agardo que ben. 

Como podedes ver na imaxe, a proposta está relacionada con volcáns, cando vimos a unidade 3 foi un tema que gustou bastante e algúns de vós trouxestes de casa información a maiores porque vos interesaba o tema. É por iso que pensei en traballar máis a fondo sobre os volcáns. Aquí vai a proposta de traballo: 


Ligazón directa ao powerpoint:

Modelo para redactar sobre o volcán elexido: 


Premede na imaxe para gardala de forma que se vexa ben. Podedes facer a man o mesmo (non fai falta impresora).

NOTA IMPORTANTE: non é necesario enviarmo ao correo, posto que esta actividade é de REFORZO, non ten carácter obrigatorio, mais se así o considerades enviarmo a artisticabembibreprimaria@gmail.com e achegarei a súa corrección de volta.


Se a maiores queredes facer unha maqueta dun volcán estupendo, pero non é obrigatorio!

Agardo as vosas investigacións! 

Saúdos, 

Catuxa.


POWERPOINT EN IMAXES:

























Ningún comentario:

Publicar un comentario