Comezaremos visualizando o seguinte vídeo:
Como vedes este vídeo resume as ideas principais das páxinas 102 a 105 e axuda a entender as distintas etapas históricas.
Da páxina 106 en adiante o tema xa centra na historia de Galicia, para entendelo mellor déixovos o seguinte documental, que aínda que é un pelín longo explica moi ben a nosa historia e engade datos que non aparecen no libro e que son moi curiosos.
Ide lendo e vendo os vídeos ao voso ritmo xa que con isto rematamos as tarefas de sociais deste curso 2019/2020. Non é preciso enviar ningunha tarefa deste último tema. Calquer dúbida sobre este tema comentarémola na seguinte videoconferencia, ou podedes pedirme titoría, escribir ao mail... estou á vosa disposición, xa o sabedes.
Unha aperta,
Catuxa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario