xoves, 16 de abril de 2020

Sociais - Volcáns (aclaracións).

Ola de novo! Primeiro de todo dicirvos que foi moi divertido poder conversar con vós hoxe, en breves voltaremos facelo :) 

Como algúns comentaron que non podían descargar o powerpoint vou deixar O MESMO que xa subira (nada de material novo) noutro formato para aqueles que non puideron. Aínda así, e para non ocupar moito sitio aquí na entrada principal do blogue, se o enlace que deixo a continuación tampouco vos vai ide á columna da dereita onde pon SOCIAIS e teredes o powerpoint imaxe a imaxe. Así non hai problema ningún, de todas formas se algún ten problema escribídeme a artisticabembibreprimaria@gmail.com para isto ou calquera outra dúbida! 


(Se así tampouco vai probade na dereita en sociais, teredes o mesmo como expliquei antes).

Desexando ler as vosas investigacións e ver os volcáns dos que vos animedes a facelos tamén. 
Ata a semana que vén!
Catuxa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario