CPI de Bembibre----Aquí iremos colgando actividades e experiencias para estos días sen cole.---
Na marxe dereita tendes actividades de matemáticas e lectoescritura.----- Moito ánimo chicos/as!!!
Semana do 15 ao 19 de xuño
INGLÉS
* Facer as seguintes fichas e mandarllas a profe Ana ao acabar. Non as tendes que correxir xa que non mandou as respostas.
Tarefas de luns
* Facer estas fichas de comprensión oral. O ideal é que vos leran o texto en alto e o escoitarades. E despois vós, contestarades as preguntas. Pero se non tendes quen volo lea, lédeo vós.
Tarefas do xoves Naturais
* Ler páxina 100, 102, 103, 104, 105 Lengua Castellana:
* Facer a seguinte ficha
Na videoconferencia de mañá cos nosos compis do Ceip Víctor Sáenz, cada neno/a terá uns minutiños para presentarse ao resto. Para iso, cada un/unha de vós, preparará unha breve presentación oral de si mesmo. Podedes dar datos como os seguintes: nome, idade, onde vivides, se tedes irmáns, se tedes mascotas, como é a vosa personalidade, que vos gusta facer no tempo de lecer, deporte ou comida favoritos... Podedes incluir na presentación o voso obxecto favorito, algún debuxo, fotografías... Espero que vos faga moita ilusión; eles/elas tamén están desexando coñecervos! Se o desexades tamén podedes preparar algunha pregunta para facerlles.
Bo comezo de semana!!
Tarefas do luns:
Mates
* Páxina 184-185---> 2,3,4,6,10,13 e 15
Tamén teño que darvos a noticia de que este xoves ás 17 h da tarde teremos a videoconferencia todos xuntos cos compañeiros de carteo do cole Victor Saenz de Mazaricos!! Por fin os imos coñecer!!
Boas! Hoxe fago a última entrada no blogue da materia de sociais. Imos ver moi brevemente algo de historia, e en particular da historia de Galicia (tema 6). Para iso propoño que vexades dous vídeos que vos axuden a entender a información principal do libro.
Comezaremos visualizando o seguinte vídeo:
Como vedes este vídeo resume as ideas principais das páxinas 102 a 105 e axuda a entender as distintas etapas históricas.
Da páxina 106 en adiante o tema xa centra na historia de Galicia, para entendelo mellor déixovos o seguinte documental, que aínda que é un pelín longo explica moi ben a nosa historia e engade datos que non aparecen no libro e que son moi curiosos.
Ide lendo e vendo os vídeos ao voso ritmo xa que con isto rematamos as tarefas de sociais deste curso 2019/2020. Non é preciso enviar ningunha tarefa deste último tema. Calquer dúbida sobre este tema comentarémola na seguinte videoconferencia, ou podedes pedirme titoría, escribir ao mail... estou á vosa disposición, xa o sabedes.
Tarefas de xoves:
Matemáticas
* Páxina 178-179---> 1,2,4 e o 1 de Emprender Aprender
* Páxina 180-181---> 1 e 3( mandarme a foto deste último exercicio).
Tarefas de mércores Lingua Galega: * Ler páxina 190-191 * Facer oralmente as páxinas 192-193-194 * Páxina 195---> 5, 6 e o 1 de Tempo! * Páxina 196 lela e facela oralmente. * Páxina 198- 199---> 2, 3, 4 e 6.
Chic@s, esta semana non imos ter videoconferencia, pero si queredes facela individual ou montar un pequeno grupo, avisádeme e facémola!