sábado, 28 de marzo de 2020

Fichas cálculo

Clicade na imaxe e diríxevos a un ficheiro con 6 fichas de sumas, restas, multiplicacións e divisións. Tamén van engadidas as solucións. Ánimo!!!!


xoves, 26 de marzo de 2020

ACCESO AOS LIBROS DIXITAIS

Boas chic@s!
Quería contarvos que dende Anaya nos dan permiso a que teñades acceso as actividades dos libros de texto.
Para poder entrar, tendes que ir a Anaya educación: https://www.anayaeducacion.es/
e entrar en Web del alumnado.
e despois tendes que ir metendo o código que ven impreso dentro de cada libro (Mates, Sociais, Naturais, Lengua Castellana e Lingua Galega).
Unha vez os teñades metido, xa tendes acceso a moitas actividades sobre os temas que fomos dando.
Están moi ben, probade!! Se tendes dúbidas ou non vos entra, escribídeme!

domingo, 22 de marzo de 2020

Cóntame

Bos días chic@s!!!
Como foi esta semana de confinamento? Iso quero que me contedes no correo electrónico que me gustaría, me enviarades. Quero que me contedes como foi esta semana, que cousas fixéstedes divertidas e que é o que menos vos gusta desta situación. Contádeme o que vos apeteza 
Faríame moita ilusión saber de vós! Eu contestareivos a todos os correos!! Así que ánimo!!! Xa sabedes a miña dirección de correo electrónico.

venres, 20 de marzo de 2020

DESDE UNA ESTRELLA DISTANTE

Como seguro xa acabastes de ler o libro ou andades niso. Aquí vos deixo unha serie de actividades sobre este conto.
Se podedes imprimídeas e facedeas e senón dende o ordenador ou móbil podedes lelas e contestar as respostas nunha folla. Ánimo!!!!

Clica no seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1ZBVHWRqGPBTcennSkdCa96gIBoD0kWtX/view?usp=sharing

O conto do coronavirus

Aquí vos deixo este conto sobre o coronavirus. Sabedes como se chama esta arte de dobrar papel? Papiroflexia.
Animádevos a facer algunha das figuriñas que se ven no video.

EXPERIMENTO - SERVE PARA ALGO LAVAR AS MANS?

Quero que fagades o experimento que fixemos na clase. Xa que de momento, non imos poder ver os resultados.
Só necesitades: 3 bolsas herméticas e tres rebanadas de pan de molde. 

Lembrades como era? Nunha bolsa metemos unha rebanada sen tocala coas mans (con guantes). Noutra metemos outra rebanada tocándoa coas mans ben lavadas. E na terceira bolsa, a rebanada de pan tocada (moi tocada) coas mans ben sucias. Non vos esquezades de poñerlles nome para saber cal é cal. E só toca esperar e ver que lle vai pasando a cada rebanada.
Xa me ides contando polo correo se notades cambios co paso dos días!!! 

BENVIDOS

Ola rapaces!!!
Por aquí vos vou deixar material para ocupar o tempo estes días. Na marxe dereita tendes actividades para traballar contidos dados na clase.
E aquí no centro, vamos ir poñendo noticias ou actividades interesantes que poidamos realizar. Estade atentos que pouco a pouco vou ir colgando algunha cousiña nova.
Se queredes enviarme material que vos pareza interesante para colgar, xa sabedes! Enviádema ao correo e así os demáis compis tamén a poden facer.
Moitas apertas e espero vervos pronto!!! Vanessa